CANDELARIA 2020: PRESENTACIÓN DOS NENOS/AS BAUTIZADOS

PRESENTACIÓN DOS NENOS/AS BAUTIZADOSO pasado domingo día 2 de Febreiro tivo lugar en San Martiño de Noia a Presentación dos nenos/as bautizados no 2019 coas súas familias. O acto tivo lugar ás 19:00 horas na Igrexa Parroquial. UNHA COSTUME CON MOITOS ANOS DE DE TRADICIÓN Os católicos temos a costume de que cada persoa debe adicar a Deus toda a súa familia, asi que chegado o momento de recibir un membro novo, un bebé, o traemos ante Deus e o presentamos e o adicamos para a súa honra e gloria. É por iso que as familias que bautizaron os seus fillos e fillas ó longo do pasado ano, estaban invitados a traer os seus fillos/as a Parroquia, para ofrecelos a Deus co propósito de que Él os bendiga e os garde.O acto de presentar un neno/a no temlo, e de adicación e o facemos a luz das Escrituras porque é totalmente Bíblico e preciso para o crecemento persoal de pequenos e maiores. Esta tradición ten os seus orixes na época da Reforma. Neste tempo ofrecíase unha misa de oración para dar grazas pola vida do infante, pois a esa idade consolidábase a súa existencia, dad a alta mortalidade infantil do momento.Co paso do tempo foi dando lugar a un acto con diferentes interprestacións e signficados:

  • Un deles ten que ver co feito histórico dos tempos dos primeiros cristiás na imaxinación popular católica da presentación da Virxe no templo, contido do Evanxeo de Santiago, considerado apócrifo onde relata dito feito. María estaba no templo acompañada de seus pais para iniciarse no coñecemento da fe e no servizo ó templo, sendo recibida polo sacerdote e aceptada ata que foi solicitada para o matrimonio con San Xosé. 
  • O segundo fai referencia á Festa da Candelaria, e ten a súa orixe na presentación do neno no templo e a Purificación de María narradas no Evanxeo de San Lucas. Segundo o texto a Virxe e San Xosé presentan no templo 40 días despois de nacido o Neno Xesús, para ofrecer as víctimas pola purificación de sua nai e para consagrar ó primoxénito varón ós 40 días de ter nacido.
  • O terceiro capítulo é a de que o Neno Xesús se perde e atopase no templo durante a Primeira Pascua de Xesús. O feito relevante consiste en que os seus pais ó regresar a Xerusalén a buscalo, o atopan no templo, rodeado dos Doutores da Lei e os escribas.

 QUE SUPÓN A PRESENTACIÓN DOS NENOS/ASEsta celebración é unha acción de grazas pola vida do infante, máis que unha prsentación pois xa é coñecido por Deus e pola comunidade de crentes ó estar bautizado/a. Resulta tamén unha oportunidade de pedir a bendición de Deus na vida do neno, así como un momento para pedir a axuda divina sobre pais e padriños, nais e madriñas do infante, para que poidan cumprir os compromisos que adquiriron cos seus fillos/as cando os levaron a bautizar, de ensinarlles a fe e o amor de Deus, principalmente na vivencia de valores e actitudes cristiás na súa familia e no seu entorno. Resulta tamén importante para que as familias ratifiquen os compromisos bautismais para cos seus fillos/as e así axudalos a valorar ditas promesas.

Undefined
Foto: